MedDB 2.0

Base De Datos Da Lírica Profana Galego-Portuguesa

A Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB) ten a súa orixe na publicación da Lírica Profana Galego-Portuguesa (LGPG) polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no ano 1996. En dous volumes, ofrecíase a totalidade da nosa produción trobadoresca medieval, acompañada de información biográfica e bibliográfica, así como da análise retórica de cada cantiga. A publicación enmarcábase dentro do (sub)proxecto Lírica galego-portuguesa, dirixido por Mercedes Brea e integrado no proxecto Arquivo Galicia Medieval. Unha das diferenzas máis notábeis da MedDB con respecto a LGPG radica en que non contén información bibliográfica nin dos trobadores nin das cantigas. Esta información é ofrecida pola Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa (BiRMED), á que se pode acceder dende a páxina do CRPIH. Read more